Skip links

Reformas integrais

É posible que a túa vivenda non teña a distribución que necesitas ou se atope en mal estado e queiras facer dela o espazo ideal no que querías vivir. Unha reforma integral ten moitas vantaxes, non só mellora da calidade de vida dos seus usuarios senón que tamén permite un aumento do seu valor no mercado.

As reformas integrais, por sobre as parciais permiten un aforro global maior ó utilizar os mesmos medios nunha soa ocasión.

No aspecto técnico, as intervencións realizadas renovarán as instalacións logrando unha mellora no aforro enerxético e na sustentabilidade.

Un proxecto de interiorismo deseñará cada espazo e mobiliario para sacar o maior rendemento á superficie útil da vivenda. A previsualización de materiais, cores e texturas a elixir levarannos cara á estética e estilo buscado.

Proxecto planta baixa Monterrosa Carral - Interiorismo

Reformar a túa vivenda ó teu gusto farache gañar calidade de vida, poderás eliminar divisións que non necesitas, dispoñer de espazos abertos e maiormente iluminados naturalmente, adaptases o espazo ás túas necesidades e comodidades.

Para facer a reforma integral que máis se acomode a ti non dubides en contactarnos, cóntanos as túas ideas e farémolas realidade.

 

Leave a comment

Explorar
Arrastrar