As obras e actuacións necesarias para garantir a accesibilidade universal e en especial a persoas con mobilidade reducida, baséanse na reforma, rehabilitación ou transformación dun espazo en beneficio dos usuarios a través da supresión de barreiras arquitectónicas neste caso, dunha comunidade de veciño dun edificio residencial.
Favorecer a comunicación co exterior axuda á integración de todas as persoas. Isto volveuse unha prioridade en obras públicas e privadas.
No caso da obra privada, a axuda técnica que ofrecemos baséase primeiramente no estudo para garantir que o edificio poida ser modificado, a partir de aquí, a dimensión das obras varía dependendo da altura ou espazo a salvar.
A variedade de casos inclúen a instalación de ramplas de acceso, salvaescaleiras ou o que se volveu unha prioridade para toda comunidade de edificio residencial, a reforma e rehabilitación dos seus portais mediante a baixada a cota cero e a renovación dos seus núcleos de circulación vertical a substitución e mellora das instalacións comunitarias existentes.
En DCM encargámos de realizar estudos preliminares a medida por parte dos nosos profesionais para concretar a mellor opción ou a que mellor se axuste ás necesidades e cumpra cos regulamentos existentes.
Na actualidade existen subvencións ou axudas públicas para este tipo de intervencións en comunidades.. Un sinfin de obras executadas culminadas con éxito validan a nosa experiencia no estudo e xestión da execución material deste tipo de intervencións así como no trato cos veciños para lograr os seus obxectivos coas melloras buscadas.